Recomendacións dun dos homes que máis sabe de cine na TVG, Moncho Lemos. Joker, unha película en que o protagonista é o malo de Batman, pero é moito máis que iso. Impresionante actuación de Joaquin Phoenix. A proposta española da semana é de Jose Luis Garci, que recupera o personaxe do seu mítico detective, o Crack, pero no canto de continuar a historia, lévanos ao comezo. Outra estrea é a película holandesa que narra a vida de Antonia Brita, La directora de orquesta.