Levamos xa varios meses intentando cumprir do mellor xeito posible co que nos toca neste momento, seguir as normas vixentes canto ao uso de máscara, a hixiene ou o distanciamento, medidas que son as que máis nos van axudar a frear eses contaxios de coronavirus, que ademais están repuntando de maneira exponencial en España. Normas que respectamos cada un de nós inidividualmente, pero tamén nos distintos postos de traballo. O da hostalería é un dos sectores que máis esforzo está realizando. Neste proceso xorden dúbidas e en moitos casos precísase de axuda, de apoio, unha necesidade que viron desde a Federación de Hostalería de Pontevedra. Con nós están o seu presidente, César Sánchez Ballesteros, e unha das consultoras sobre a covid, Itxaso Fernández.