É unha situación á que probablemente vostedes ou alguén do seu arredor se tiveron que enfrontar nalgunha ocasión. As multas de tráfico son un crebacabezas para moitos condutores. Pero a boa noticia é que podemos recorrer. A cuestión é que infraccións son susceptibles de reclamar, que posibilidades temos de gañar fronte a Tráfico e, sobre todo, como recorremos? Dúbidas que nos vai aclarar Javier López Romero, avogado.