Non é de estrañar que a volta ás clases lles custe a moitos nenos, sobre todo aos máis cativos, e tamén aos que padecen algunha enfermidade que xa de por de si lles pode dificultar esta volta ao cole. Queremos fixarnos hoxe nas enfermidades reumáticas, ás que xa nos achegamos en pleno estado de alarma da man da Liga Reumatolóxica Galega. Volven á Revista, con Susana Romero, reumatóloga, e Lucía Miramontes, nai dunha nena con artrite idiopática xuvenil.