O domingo está marcado no calendario de moitas familia co permiso de saída para os nenos despois de seis semanas na casa. É unha medida agardada e que nos acabará por levar ata o que xa se vive nalgúns países europeos. En Dinamarca xa reabriron as garderías e as escolas de primaria, e tamén volveron ao traballo algunhas profesións liberais. Imos ver como se traduce no día a día desde Copenhague cunha galega que reside alí, Ilduara Busta.