Un dos protagonistas deste espazo é Víctor Fernández, un mestre de educación física que dedica o seu tempo libre á conservación de embarcacións tradicionais na asociación de mariñeiros do barrio vigués de Bouzas, onde vive.A outra protagonista desta entrega de “Meus” é Rosa Toba, nai de tres fillos, quen atopou unha segunda familia na asociación Arelas á que acudiu en busca de asesoramento para axudar un dos seus fillos ante unha realidade para ela entonces descoñecida como a transexualidade.