O equipo do programa trasládase á Coruña para coñecer a Sergio Díaz Marey, un estudante de moda de 18 anos que vive por primeiro ano fóra da súa casa nun piso compartido coa súa curmá e un amigo. O mozo amosa as rúas e os recunchos da cidade en que agora vive, ademais da aldea de Rois en que naceu e Lugo, onde viviu dende moi pequeno. Na aldea de Bouzas, en Castrelo de Miño, os reporteiros visitan a familia de Xaime Méndez, un home de 50 anos que vive coa súa muller. A súa historia é a dun habitante dunha aldea moi unida, xa que ao longo dos anos crearon una relación que favoreceu mesmo que chegasen a poñer todas as terras en común. Ademais de compartir unha adega con algúns dos veciños.