A familia é o punto de partida e orixe de cada un, sexan clásicas, monoparentais, extensas, multirraciais ou sen lazos de sangue, e o novo espazo da canle pública pretende facer un retrato delas. No primeiro episodio, Rosario Lovelle e David Álvarez presentan as súas familias. A familia de Rosario está afeita a pasar as adversidades xunta. Ela é unha peiteadora xubilada dos Peares, que superou un cancro de mama e viu como esa doenza lle levou ao seu home. Coñecemos o día a día dunha ama de casa que vive soa, ademais da súa familia, as súas compañeiras e os traballadores da súa asociación contra o cancro de Ourense. David Álvarez vive no barrio vigués de San Paio de Navia. El é un traballador de Citroën, casado e cunha filla de cinco anos que ten unha gran paixón, as traiñeiras. No seu lugar de traballo, no seu barrio coa familia e de camiño aos seus adestramentos no club de remo Tirán, “Meus” mostra a vida dun home que cre no valor do esforzo.