Os reporteiros do programa falarán con Rosa Casares para coñecer a familia desta funcionaria de Ourense, nacida na aldea de Teimende nunha casa que era tamén a sede de Chocolates Caldelas. Para ela, as lembranzas daquela fábrica de chocolate están moi vivas aínda, como amosará ante as cámaras da TVG, que coñecerán así mesmo o día a día dunha traballadora do Inorde, o Organismo de Promoción Turística de Ourense.Pola súa banda, Paco P. Maneiro achegará ao espectador á vida dun mozo cego que vive en Porto do Son e que traballa como vendedor da ONCE. Paco naceu nun momento moi difícil en que na escola non se pensaba en integrar as persoas con discapacidade. Por iso, pasou unha boa parte da súa infancia andando polas rúas da vila mentres os outros rapaces estaban na escola.