“Meus” ten como protagonistas a Pilar Castiñeira, presidenta da asociación Anhida, de nenos con hiperactividade e/ou Déficit de Atención, e Carlos Fernández, un mozo músico de Ribadavia. En Culleredo encontramos a Pilar Castiñeira, unha muller que axuda a que os nenos con déficit de atención e hiperactividade poidan desenvolver unha vida normal coma a de calquera outro rapaz. A filla de Pilar ten este mesmo trastorno, polo que a súa dedicación comezou cando se decatou da incomprensión de moitos dos que a rodeaban. A Asociaciación Anhida presta servizos a unhas 300 familias con nenos hiperactivos, coa axuda de psicólogos e educadores. Carlos Fernández é un rapaz de 18 anos que toca a tuba na Banda A Lira de Ribavia, unha das máis antigasd e Galicia e da que tamén forma parte a súa familia. Carlos busca dar a coñecer A Lira en todo o mundo. O programa conversa cos seus irmáns, Álvaro e Miguel, co seu curmán e coa directiva e os músicos da banda. Todo o programa vai encamiñado a consegu