A última entrega de “Meus” ofrece os momentos máis destacados dos retratos das 26 familias que participaron ata agora no programa. O programa percorreu Galicia da man de oito fotógrafos, que plasmaron, a través dos seus obxectivos, a familias moi diferentes de lugares como Foz, Castrelo de Miño, Vimianzo, Melide, Bergondo, Vigo, Castroverde, Pontevedra, Parada de Sil ou Pol, entre outros. “Meus” despídese facendo un resumen das vivencias dos seus retratados, que narraron historias de emigración, de emprendemento empresarial, unión polo deporte ou a loita por facerlle fronte a unha doenza.