Neste programa coñecemos as familias de Moncho e Pepe Castro,  de Foz, e a de Ana Ulloa, na Coruña. Os irmáns Castro, un xubilado de Alcoa e outro dono dunha pastelería, descenden dunha familia de orixe mariñeira moi numerosa cun matrimonio, avó e avoa dos protagonistas, que tivo 16 fillos, polo que a harmónica convivencia entre xeracións vén de vello na súa familia, como amosa o fermoso álbum de fotos que escolleron para o espazo da Televisión de Galicia.    Ana Ulloa preséntanos unha familia que forman o seu home, os seus tres fillos e dous cans. Unha doenza do seu fillo máis vello levouna a comezar unha carreira de empresaria tan exitosa que hoxe é presidenta da Asociación de Mulleres Empresarias da Coruña. Ademais de entrar na súa casa, e nos seus lugares de traballo, a cámara séguea ata Guitiriz, onde naceu e pasou os veráns da súa infancia. Todo vai encamiñado a coñecer as dúas familias para que as fotografas do programa Sole Felloza e Helena Segura-Torella deseñen a súa propost