Na localidade de Perillo, no concello de Oleiros, os reporteiros achegaranse á familia de Manuel, de algo máis de 70 anos e que emigrou a Australia, onde fundou o Centro Galego de Sydney, para que os emigrantes do país tivesen unha casa nas antípodas en que se xuntar. Irene, unha moza de 19 anos, con cinco irmáns e que vive con seus pais. A súa historia é a dunha moza cunha gran paixón, a hípica, para quen a súa egua, coa que practicou doma natural, é un membro máis da familia.