As familias do moteiro de Maceda Manel Gándara e da gandeira de Mazaricos María Martínez son as protagonistas de “Meus”. Manel foi formando a súa familia arredor do club MotoMeda que creou e que mantén unido. As horas de roda xuntos, compartindo bos e malos momentos, fixo deles un grupo moi unido como explica Manel, nunha vella fábrica ás aforas de Maceda. No retrato final, de Tono Arias, demóstrase que se trata de moteiros que foxen do estereotipo de homes duros. Coa súa participación en “Meus”, María quere render homenaxe á familia da súa nai, na que foron 16 irmáns que tiveron que emigrar para saír adiante e que hoxe viven espallados polo mundo, dende Palma de Mallorca ata Nova York. Parte deles reencóntranse para saír no retrato final, que fai Pablo Prados.