Os protagonistas deste retrato de familia son José Manuel Ayude, un adestrador de deportes de combate, e Pilar Vázquez, unha muller que rexenta unha tenda de retallos. O equipo do programa visita Melide, para coñecer a Ayude, un home que dedica a súa vida a aprenderlles aos máis cativos os deportes de combate como boxeo, karate ou esgrima. Xunto con el imparte clase a súa muller e os dous fillos maiores, o máis pequeno aínda está a aprender do seu pai. Con José Manuel o programa coñece a escola Ayude de Melide, que leva o seu apelido, e unha clínica de medicina chinesa da vila. No barrio de Montealto da Coruña, achegámonos á familia de Pilar Vázquez, que herdou dos seus pais unha tenda de retallos. A súa historia é a dunha muller xa xubilada que aprendeu todo sobre teas coa súa nai, e que co tempo converteu a tenda nun referente da Coruña e de Galicia. A coruñesa confesa que as teas son a súa paixón e cara elas foi arrastrando toda a súa familia. O seu home, fillos e agora netos, acom