Esta noite temos un novo episodio do programa “Meus”, que retrata familias de hoxe e de sempre de Galicia. Desta volta, as protagonistas serán Chus, unha ex-atleta e mestre xubilada, e Susi, unha muller que herdou o oficio de ourive.O equipo do programa visita Cerponzóns, en Pontevedra, para coñecer a Chus, unha mestra xubilada e ex-deportista. Por mor dunha lesión tivo que apartarse das pistas de atletismo, aínda que conta con títulos como campioa en 100 metros valados e récords mundiais e europeos. Na súa vila, Chus practica natación e golf, ademais de adestrar as súas amigas. O programa fala con ela no Centro Galego de tecnificación deportiva de Pontevedra. Na capital galega, os reporteiros achéganse á familia de Susi Gesto, que herdou o oficio de ourive. A súa historia é a dunha muller que nun momento de crise persoal decide retomar o oficio familiar, e crear un pequeno obradoiro no que traballa a prata, o cobre e o acibeche na compostelá praza da Algalia. O programa visita o seu t