A chegada de Rosario como nova inversora da produtora foi moi ben acollida por Susana e polo resto do equipo da serie que viron nela a oportunidade de continuar co proxecto sobre os irmandiños. Pero non tardaron en darse conta de que as verdadeiras intencións da colombiana eran ben diferentes. Por iso cando atopan a Rosario morta no despacho da produtora, senten máis alivio que tristura. Os únicos que están angustiados polo asasinato son Damián e Sofía. Saben que a súa vida corre perigo. Os dous sons conscientes de que os colombianos sospeitarán deles cando descubran a morte de Rosario, polo que se queren seguir con vida teñen que atopar ao verdadeiro culpable. Coa axuda de Luís e Cecilia, Damián e Sofía poñen en marcha un plan para gañar tempo e descubrir ao responsable do asasinato de Rosario. Mentres tanto, Tuco agarda a súa oportunidade para acabar con Damián. Ninguén sospeita del como responsable da morte de Rosario, pero hai algo co que non contaba: Sara foi testemuña do asa