As cousas comezan a ir polo bo camiño para Damián ou, polo menos, iso é o que semella despois de chegar a un acordo cos colombianos. Tan pronto como el e Sofía regresan da súa viaxe aos dominios de Rosario, recibe unha chamada dela para poñer en marcha o negocio e concretar a primeira entrega. Sen tempo que perder Damián reune ao clan co obxectivo de ultimar todos os detalles da operación. Nada pode saír mal porque é primeira e, moi posible, última oportunidade que terá Damián para demostrar ante Rosario a súa validez como sucesor de Telmo á fronte do clan dos Canosa. Mentres tanto, Luís Iglesia segue facendo malabares para compaxinar a súa vida familiar coa serie sobre os irmandiños e a súa faceta como confidente de Sara. Sen embargo, grazas a Ricardo, o mozo de Gaila, Luís terá unha revelación sobre o papel que xoga dentro dos intereses de Sara para desmantelar o clan dos Canosa. Na produtora, Adrián non tarda en revelar a Xavier as súas sospeitas sobre Cecilia e a relación que