A situación de Damián á fronte do clan dos Canosa non fixo máis que complicarse. Tuco, un dos seus mellores homes, traizoouno porque non cre que sexa un bo líder para o clan e quere sacalo do medio. Nun dos seus últimos intentos por acabar co seu xefe, a axuda de Luís Iglesia foi determinante para salvar e Damián e a Cecilia dunha morte segura, pero agora Tuco reaparece de novo disposto a non errar o tiro. Sen embargo Damián fará todo o posible por impedir o fatal desenlace e convencer a Tuco de que ten bo corazón. Pero, se o consegue, terá que facerse valer ante os membros do clan que clamarán vinganza contra Tuco. Damián tamén terá que recompoñer a súa relación con Sofía. Ela está desexando ser nai, pero Damián non está disposto a que o seu fillo medre nun ambiente como o que hai no seu fogar nestes momentos, o que fará agromar unha fisura de dúbidas no seo da parella.