Telmo Canosa prepara a súa reaparición como líder do clan. Despois de recuperar a memoria grazas á conversa que mantivo con Paulo. Ten que valorar se acepta a súa oferta para ser socios mentres finxe que todo segue igual. Alleos aos avances de Telmo, Damián e Tuco planean formar un novo clan do Canosa, sen violencia e cun perfil criminal baixo. Con esa intención aproveitan a nova operación na que Tuco será o líder, aínda que primeiro teñen que conseguir a aprobación dos homes do clan. Ao mesmo tempo Sofía comeza a súa terapia con Natalia. Aínda que ao comezo non fai ningún esforzo por disimular o seu odio contra a psicóloga, esta non tarda en gañarse a súa confianza e poñer en marcha o seu plan para separala de Damián. Mentres tanto na produtora seguen os problemas. Xavier está cheo de inseguridades coa serie e proxecta a súa frustración contra todos os membros do equipo. Cansados desta situación, Susana comparte con Adrián, Cecilia e Luís o seu plan para que Xavier rebaixe o ton