A parella que forman Sofía e Damián non está pasando polo seu mellor momento. Despois da detención de Damián e de que Sofía tivese que facerse cargo do clan, serviulle para comprobar que o poder séntalle ben e non está disposta a ceder ante Damián. Agora a súa prioridade e acabar coa banda rival e ordena aos homes do clan de Canosa a que se preparen para a loita. Mentres tanto Luís segue coas súas sesións de terapia e cóntalle a Natalia, a súa psicóloga, todos os detalles da súa relación con Damián. Ela aconséllalle unha terapia conxunta cos dous para limar asperezas algo que Luís non ve con malos ollos e proponllo a Damián. Ao mesmo tempo Luís intenta recompoñer a súa relación con Gaila.