Durante o evento, imporanse os galardóns aos integrantes da chamada “Comisión dos 16”, representantes dos partidos que participaron na elaboración do primeiro borrador do Estatuto en 1979. Algúns deles, xa falecidos, recibirán este recoñecemento a título póstumo. As medallas entréganse o 6 de abril, coincidindo coa data de promulgación do Estatuto de Autonomía. Na primeira edición, en 2016, os galardoados foron os seis ex-presidentes da cámara galega.