As Medallas de Galicia” son as distincións que concede a Xunta a persoas ou institucións polos seus méritos ao servizo da nosa terra. Este ano, as medallas foron para o arquitecto do Carballiño Manuel Gallego Jorreto, o pintor e escultor de Cambados Francisco Leiro Lois, o tradutor e crítico literario de Láncara Basilio Losada Castro e o grupo ourensán de rock Los Suaves.  Esta cerimonia, que data do 1984, celébrase a véspera do Día de Galicia na Cidade da Cultura. Manuel Gallego Jorreto é premiado pola súa ampla traxectoria e polo coñecemento da súa profesión. Ao artista contemporáneo Leiro Lois recoñéceselle a proxección internacional das súas obras, que son exhibidas tanto en museos coma en rúas. Basilio Losada, pola súa banda, é un referente das letras galegas en Cataluña e o grupo ourensán Los Suaves, que ten compartido cartel cos Ramones ou os Rolling Stone, é unha das bandas máis representativas de rock do panorama nacional.