Despois dos últimos acontecementos nas tramas de “Matalobos”, a tenente Seijas está disposta a vingarse de Garrido, pero o recentemente elixido alcalde de Sardiñeira sabe ben como xogar as súas cartas.Mentres Garrido segue gañándose á xente da vila coas súas promesas electorais, Carmelo e os socios están listos para comezar a operar ao grande. O xefe dos Matalobos ten un plan perfectamente deseñado. Un plan que ata inclúe unha descarga alternativa como cebo para a Garda Civil. Trátase dun traballo que Ca...