As cousas pintan cada vez peor para o principal clan de narcotraficantes da Sardiñeira, os Matalobos. Á presión continua dos colombianos, que non lle perdoan a Carmelo os erros que cometeu e que desembocaron na incautación da droga por parte da policía, engádese agora unha nova preocupación: Pincho informa o xefe dos Matalobos de que na radio acaban de dar conta dunha nova operación contra o narcotráfico na zona. Co resto dos clans virándolle as costas, Carmelo non ten outra opción que buscar o sempre i...