Será verdade que os tempos están cambiando? É a pregunta que se están a facer os clans que habitan na Sardiñeira, onde os personaxes de “Matalobos” se senten atrapados polo novo escenario de poder e polos novos métodos de traballo que introduciu o desconcertante Aníbal, alguén que sabe dominar todas as frontes e os fíos que debe mover con cada quen. O primeiro en ser consciente deste cambio de tempos e de estratexia é Carmelo Matalobos, que se reúne cos seus mandos e con Vanesa para deixarlles claro que “todo forma parte dun gran negocio global, sen fronteiras”, e que o único que queda é sobrevivir. Amais, chega ao cuartel Ernesto Ferreiro para substituír no seu posto o capitán Táboas, que deixa o cargo momentaneamente. A única que parece manter esperanzas é a tenente Seixas, moi centrada no seu embarazo. En vista de que ninguén ve futuro para os actuais clans, Matalobos e Veloso, a loita polo poder está centralizada en Aníbal, que só se reúne con Vanesa, para facerlle saber que ningué