“Acurralado”, así vai estar “O Ruso” cando a Garda Civil persega ao sicario de Carmelo polo bosque, tras un tiroteo nunha praia, a partir do rastrexo dunhas balizas sospeitosas, e todo porque a descarga programada por Zico resultou ser tan desesperada como torpe. Con este escenario, os Matalobos seguen a operación con nerviosismo, pois podería supor o desmantelamento, por parte da Garda Civil, do seu novo sistema de distribución. As consecuencias poderían ser dramáticas para eles se perden o favor do cártel de San Jerónimo, pero, como salvar O Ruso e recuperar a droga ao mesmo tempo?O erro dos Matalobos trae outras consecuencias favorables para Vanesa, cada día máis ao mando do clan dos Veloso, que aproveitará a oportunidade para intentar medrar e, a partir de agora, negociar directamente con Aníbal: Vanesa será a primeira en falar, cara a cara, co misterioso home de negocios.<-->