Moitos son os que se xogan o seu futuro para ver quen impón o seu dominio na Sardiñeira, se os Matalobos ou os Veloso, nunha loita contrarreloxo para cumprir a misión encomendada polo xefe dos colombianos: acabar con Adriana Calderón. Por parte dos Veloso, a única solución pasa por encomendar a misión a alguén que non teña nada que perder, como Diego Dourado, enfermo e capaz de sacrificalo todo por Vanesa; do lado dos “Matalobos”, Carmelo ten ao seu favor, de momento, que Pepe Viaño está desesperado por liberar a muller e por afundir o futuro da filla, Vanesa; por iso a cuestión é quen dos dous bandos conseguirá chegar antes aos xulgados?Mentres, no hospital, a fiscal Olaia segue en coma e a Garda Civil, coa tenente Seixas á fronte, sospeita que o capitán Táboas podería intentar tomarse a xustiza pola súa man contra os atacantes. Pero os Matalobos teñen un problema máis que engadir, xa que a matriarca, dona Carme, estase transformando nun perigo incontrolable debido á súa enfermidade,