Toda a vila da Sardiñeira está en alerta ante o que pode ser unha nova loita de poder, xa que, despois de que Adriana Calderón se entregase á Garda Civil, a colombiana é consciente de que a súa vida na rúa non vale nada e de que o cártel lle puxo prezo á súa cabeza. Sabedores da nova situación, o capitán Táboas e a xuíza Olaia centran o seu interrogatorio nas preguntas claves para o desmantelamento de todos os clans, a cambio de que a xefa colombiana reciba protección para ela e para aquelas persoas que lle importan. Pero non só Adriana está en alerta, xa que como consecuencia da súa detención os Matalobos e os Veloso se enfrontarán outra vez polo poder e o primeiro en mover ficha é Carmelo para asegurarse ser o único contacto dos colombianos na Sardiñeira. Mentres, nos posto da Garda Civil, a sarxento Seixas ve perigar o seu ascenso a tenente debido á filtración á prensa dunha operación, en que podería estar implicado o seu mozo xornalista.