Un dos puntos débiles de Carmelo, se é que ten algún, é súa a nai: a primeira alarma sobre a enfermidade de dona Carme é a súa desaparición vagando polas rúas da vila. O primeiro que vai pensar Carmelo, descoñecedor de que ten alzhéimer, é que se trata dun secuestro a mans do seu inimigo, Veloso.  Para evitar unha nova brecha de violencia na Sardiñeira, a infiltrada Irene e Zico vense na obriga de contarlle a verdade a Carmelo. A oportunidade de atopar a dona Carme perdida polas rúas en evidente estado de debilidade non vai ser desaproveitada pola Garda Civil, que a vai levar ata o cuartel para intentar sacarlle información sobre o asasinato do fillo pequeno, principal obxectivo do capitán para poder incriminar a Carmelo. Mentres, o clan dos Matalobos está a poñer a punto un novo sistema de distribución da droga, a través da mensaxería máis próspera da zona, para cumprir o pactado entre Adriana Calderón e Carmelo.