Rouban o cargamento de droga dos Veloso e reteñen a Pincho, grazas ao novo aliado de Carmelo, “O ruso”, encargado de xestionar o rescate, nada menos que catro millóns de euros. Pola súa parte, a Garda Civil segue os pasos das dúas familias para intentar descubrir que hai detrás do “Ruso”, pero a sarxento Seijas comeza a sospeitar do capitán Táboas, que parece ir sempre por diante da investigación. O que non sabe a sarxento é que Irene é a infiltrada que o capitán meteu na banda dos Matalobos, unha peza clave na investigación, non só para a Garda Civil, senón tamén para Carmelo, que comeza a prestarlle atención e a darlle confianza para deixala ao coidado da nai dona Carme, agora enferma. Para complicar aínda máis a situación, Adriana, a xefa do clan dos colombianos na Sardiñeira e a rival de Carmelo e Veloso, regresa á vila cunha imaxe impecable á fronte dunha fundación para a axudar os nenos desfavorecidos do seu país.