Despois de que o home máis poderoso da Sardiñeira, Carmelo, pasase un tempo no cárcere, este queda libre e comproba como cambiou o seu mundo e o da súa familia. Continúa a loita que arrancou nas descargas das praias e que agora se traslada aos portos. Para os habitantes da Sardiñeira pasaron cinco anos desde que Carmelo ingresou en prisión e agora que recobra a liberdade, o narcotraficante deberá poñerse ao día se quere quitarlle o poder ao clan dos Veloso que reina actualmente na Sardiñeira: perdeu o pazo familiar, agora en mans de Mateo Veloso e a muller, Vanesa Viaño, pais dun bebé chamado Sindo; e a nai, dona Carme, viuse obrigada a mudarse a un humilde piso na cidade. A Garda Civil traballa en novos operativos antidroga, precisamente para desactivar unha operación na que parece estar involucrado o clan dos Veloso. A partir de agora os Matalobos e os Veloso van vivir un novo enfrontamento polo poder, o que Mateo non quere perder e o que Carmelo quere recuperar. Respecto do posto da