Na Sardiñeira, o atentado contra Diego Dourado colle por sorpresa a Garda Civil, xa que despois de que a súa declaración permitise a absolución de Carmelo, as contas do sicario co seu antigo xefe parecían saldadas. A liberación sorprendente de Carmelo vai facer que os medios de comunicación sinalen a xuíza Olaia Mosteiro como a responsable da absolución do narcotraficante máis importante da zona. Pero Marcos, o pequeno dos Matalobos, non está disposto a renderse e a súa disposición a abrir liñas novas de...