Como fichas de dominó dispostas nun gran taboleiro, así é a posición que ocupan os clans do narcotráfico na vila da Sardiñeira, nun xogo complicado de efectos en cadea, motivo polo cal non pode ser máis inoportuna a investigación de asuntos internos sobre os métodos pouco ortodoxos da cabo Seijas, agora que a garda civil sabe onde e cando ten que golpear os Matalobos, un traballo que podería non servir de nada se queda invalidada toda a información obtida pola axente. Aínda así, as primeiras detencións r...