Sempre hai unha luz ao final do túnel e Carmelo sempre está disposto a perseguila, porque por moitas dificultades que teña, a capacidade do xefe dos Matalobos para saír adiante parece non ter fin. Un dos asuntos máis complicados para o clan é saber protexer os seus segredos e non deixar cabos soltos, como sucede con Xabi Valiño, vello coñecido tanto da garda civil coma dos Matalobos, desesperado por conseguir diñeiro para a súa próxima dose, que está disposto a pasar información sobre o clan á cabo Seija...