O pazo dos Matalobos é unha polvoreira a piques de estalar, xa que namentres a matriarca dona Carme insiste en manter as confesións indiscretas con don Gabriel, o párroco confesor, lonxe dos oídos do fillo Carmelo, Claudia desafiará a autoridade familiar ao empeñarse en seguir avanzando na súa relación con Lois. Para Marcos Matalobos tamén aparecerán no interior do cuartel desafíos novos, xa que a cabo Seijas non está disposta a acatar a súa orde directa para apartarse de todos os asuntos relacionados co...