Carmelo volve triunfar. Con Rafael morto e a súa familia voando cara a Guatemala, os problemas do narcotraficante parecen quedar resoltos, aínda que para a garda civil seguir as pegadas daquela familia é unha prioridade; pero o xefe dos Matalobos ten abertas outras frontes e agora vai ser a propia nai a encargada de complicarlle a vida ao fillo, a partir dun segredo de confesión ao que se verá sometido o párroco da Sardiñeira, Don Gabriel, que comprobará que a relixiosidade da matriarca do clan non ten n...