Rafael converteuse nun problema para Carmelo Matalobos e por iso, despois do seu intento de suicidio, o ex garda civil ten que escapar do hospital para evitar que os sicarios do narcotraficante acaben con el. Cos homes dos Matalobos e a garda civil pisándolle os talóns, o antigo sarxento sabe que a súa única opción é volverse invisible; pero Carmelo sabe como premelo tendo no seu poder a Paula, a muller. En canto aos seus asuntos persoais, o divorcio de Carmelo pon á familia patas enriba, pois o xefe dos...