Empurrado polas circunstancias adversas, e despois de que os homes de Adriana queimasen as súas planadoras, o clan dos Matalobos ten que apostar pola renovación se quere sobrevivir, o cal supón tomar decisións arriscadas. Así, Carmelo vese na obriga de entrar no negocio do haxix, pero non como antes como simple transportista, senón que agora, aliado a Xulio Barreiro como novo provedor, pretende facerse cun negocio de compravenda e mercar a carga antes de transportala para despois revenderlla ao dono orix...