A crise pola que atravesa o clan dos Matalobos, despois da morte do fillo Iván e da ruptura definitiva co clan colombiano liderado por Adriana, leva a quen ata hai pouco era o narcotraficante máis poderoso da Sardiñeira a unha situación moi complicada, sen cartos e sen poder contar coa fidelidade dos seus homes. Esta situación desesperada leva a Carmelo a buscar unha alternativa ao negocio, reuníndose co representante en España do cártel dos Balboa, unha organización colombiana que rivaliza coa de Adrian...