Arturo Campos converteuse na peza máis cobizada de Sardiñeira. Dunha parte, Marcos e a xuíz Mosteiro ven no avogado a chave coa que desartellar o clan dos Matalobos. Pola outra, Carmelo ten que asegurarse de que o home que máis sabe dos seus negocios non o traizoe. E no medio de todo, Sara, unha filla que non é quen de entender os pecados do seu pai. Marcos, xefe da operación policial antidroga posta en marcha pola xuíz Olaia Mosteiro, está seguro de que Campos non vai traizoar aos Matalobos. Mentres, se...