Na ficción televisiva que se desenvolve na Sardiñeira, a investigación sobre o paradoiro de Arturo Campos avanza, xa que por fin aparece o seu coche e a Garda Civil busca nel pegadas que expliquen o sucedido. Namentres, Adriana e os clans da vila proxectan unha nova operación, aínda que esta vez deixando a un lado o clan de Carmelo, que ve como o futuro de seu fillo, Iván, e con el o de toda a familia, pende dun fío. Así, Bárbara, a nai, perde os nervios e busca consolo no alcol e na cocaína; amais, a co...