Algunhas das incógnitas que o público poderá ir desvelando na segunda temporada que arranca esta noite xiran arredor de Marcos Matalobos, capitán da U.C.O. e irmán de Carmelo, que está decidido a abandonar a Sardiñeira; unha Claudia Matalobos máis disposta que nunca a facerlles fronte aos negocios nada lícitos da súa familia; unha Bárbara Juve que se debate entre o amor e o odio máis visceral por seu home; saber se entre Sara e Marcos existe aínda algo e ata onde chega a ambición da xuíza Olaia Mosteiro....