Os problemas crecen ao redor dos Matalobos. O pasado ameaza con salpicar a dona Carmen. Arturo Campos, cada vez máis desesperado pola súa situación, séntese abandonado polo clan máis poderoso de Sardiñeira; por unha vez, parece estar disposto a escoitar os consellos da súa filla Sara. Pola súa banda, Rafael Ferreira, o topo de Carmelo na Garda Civil, empeza a ter serios problemas no cuartel e isto podería acabar cun dos contactos máis frutíferos dos Matalobos. Ademais, a conserveira, o negocio familiar ...