As sospeitas crecen ao redor de Rafael, o seu comportamento no xulgado foi denunciado por un compañeiro. Unha inminente investigación interna podería acabar co informador máis valioso de Carmelo Matalobos. As cousas para o clan de Sardiñeira ponse cada día máis difíciles. Doutra banda, o caso de Olaia Mosteiro contra Arturo Campos e o clan dos Matalobos sufriu un duro revés, tras a declaración de Bárbara Juve. Sara Campos, a filla do avogado, tras ser testemuña da traizón dos Matalobos, decidiu plantar ...