Carmelo non sabe que facer ante o feito de que a súa dona Bárbara o vendeu pero logo tamén lle salvou a vida: el, que nunca comprendeu a súa muller pero a quen esta nova situación o ten completamente desconcertado, así que ve o momento de aclarar as súas ideas, sobre todo agora que está a piques de entrar en guerra co clan dos colombianos. Entre tanto, Marcos e os seus homes buscan o sicario nas rúas de Sardiñeira antes de que as tensións entre Matalobos e os colombianos acaben nun regueiro de sangue. ..