Os furtos de Delia crearon alarma na casa de Raquel. Gloria está convencida de que alguén máis da casa é a culpable e, a falta de probas, está disposta a fabricalas ela mesma. Mónica vota de menos o traballo que facía na casa da súa irmá Susana, e aproveita calquera oportunidade para ocupar o seu tempo coas tarefas que a súa irmá non pode facer, todo, sen que se entere Carlos. Mentres, Ana loita contra a atracción que espertou en David. O rapaz está facendo de todo para seducila. Pola súa parte, Victoria empezou a investigar a misteriosa tatuaxe que Ricardo ten no brazo e que oculta fronte á veciñanza.