A morte de Cuqui, o cachorro de Gloria, pende aínda sobre a casa da nai de Tomás. De feito, Gloria pensa en vingarse. Só durmirá tranquila cando consiga facerlle mal a Victoria. Entrementres, Carlos conseguíu manter o control na casa con estratexias de empresario. Esta vez semella que Susana non poderá desestabilizar os plans de Carlos. Quen se amosa totalmente desquiciada é Ana: atopou unhas revistas pornográficas que pertencen a Román. Teme converterse nunha muller fría e pouco atractiva. Pola súa parte, Ricardo atopou unha pista que pode darlle unha importante información sobre a rá de xardín da casa de Tomás.