Cuqui, a cadela de Gloria, convértese na súa máis fiel aliada na guerra contra Victoria e Mónica, pero as torpezas de Victoria resultan funestas para Cuqui. Mentres, Carlos solucionou os seus problemas domésticos contratando a unha asistenta. Pese a que Susana esfórzase en atoparlle fallos, a muller aparenta ser unha profesional sen defecto algún. Na casa do matrimonio Louro, Ana desespérase ó descubrir que o seu xardín deixou de ser o máis envexado do barrio, e contrata a alguén da urbanización para que o arranxe.