Carlos ten un dobre problema. Desde que botou a Mónica da súa casa, Susana fai recaer as tarefas domésticas e os coidados dos nenos sobre él. Ademais, Raquel segue a desconfiar da súa honradez e toma medidas con respecto ás empresas do seu marido. Mentres, Ricardo recompón a rá que Mónica e Raquel romperon. Só lle falta unha peza, máis importante do que parece. O que ninguén podía prever nos Anxos é que Román estivera tan estresado. Mentres Ana sofre unha verdadeira condena coidándoo, Ceci dedícase a enganar a Álex e a David para que lle presten cartos.